Monday 06 de May de 2024

O Concello subliña o seu compromiso coa igualdade na Carreira da Muller


Concelleiros da Corporación Municipal participan na Carreira da Muller, que reuniu a máis de 8.000 persoas e trasncurriu nun ambiente festivo

A VII edición da Carreira da Muller reuniu hoxe na Coruña a máis de 8.000 persoas que gozaron nun ambiente festivo dun evento marcado por un forte carácter reivindicativo. Unha carreira que lidera a aposta polo deporte inclusivo, a loita contra o cancro e o non rotundo á violencia
machista.

Neste sentido, os concelleiros que participaron na carreira subliñaron o compromiso do Concello coa igualdade e a loita contra a violencia de xénero. Un compromiso que se verá reflectido nas políticas transversais no ámbito educativo e social que o
Goberno local desenvolverá ao longo do próximo ano.

A carreira comezou con puntualidade e, segundo os datos da Policía Local, o tráfico non se viu afectado de maneira importante e non houbo incidencias.